Algo de Historia...
A Sociedade Cultural Deportiva e Xuvenil Fontefría naceu no ano 1981 por iniciativa dun grupo de afeccionados ao piragüismo que practicaban a navegación no encoro das Cunchas, sobre o río Limia. A idea xurdiu da cabeza de Lino Perdiz que con outros amigos de Muíños empezaron a afeccionarse e mercaron unhas piraguas. Un día observando os picos de Fontefría decidiron montar o clube e pórlle ese nome.
Esta sociedade foi pioneira na provincia en apostar por este deporte, e hoxe, case trinta anos despois ten arredor de 100 socios e cerca de 40 piragüístas repartidos en todas as categorías.
Nos seus primeiros tempos os piragüístas, a falta de medios, tiñan que trasladar as piraguas persoalmente a pé dende o pobo ata o encoro, co paso do tempo mercouse un terreo a beira do embalse e fíxose a pista polideportiva, un local para os socios do clube e o hangar das piraguas.
Ademais de todo isto a Sociedade supuxo un foco dinamizador da zona e do municipio xa que a raíz disto o Concello fixo o cámping e o albergue, o que hoxe se converteu no Complexo turístico deportivo O Corgo.
Actividades
A SCDX Fontefría desenrola as seguintes actividades deportivas:
Equipo de competición de piragüismo de augas tranquilas. Dese os sete anos.
Cursos de iniciación e perfeccionamento con monitores titulados.
Aluguer de material náutico: piraguas individuais ou dobres, barcas de pedais...
Paseos polo encoro das Cunchas en piragua (2 h.- 3 h.)
Cursos e excursións en piragua para grupos, colectivos, casas de turismo rural, colexios...
Todas as actividades inclúen chalecos salvavidas e seguro de responsabilidade civil. Ademáis as excursións e paseos están acompañadas de monitor. Formar parte do equipo de competición e os cursos de iniciación e perfeccionamento inclúen tamén a correspondente ficha federativa.
IMPORTANTE: É preciso saber nadar para poder realizar actividades acuáticas, así o esixen os regulamentos da RFEP.
Instalacións
A Sociedade Cultural, Deportiva e Xuvenil Fontefría ten as súas instalacións no Complexo Turístico- Deportivo da praia fluvial do "Corgo", no termo municipal de Muiños, ao sur da provincia de Ourense. Goza de amplas e renovadas instalacións entre as cales se atopan:
Local social, café- bar.
Oficinas.
Hangar equipado con vestiarios independentes e máquinas de ximnasio.
Pista polideportiva exterior: fútbol, baloncesto, tenis e voleibol.
Pista de volei praia de area.
Piraguas: kayaks, canoas, iniciación, augas bravas...
Veleiro clase Optimist.
Lancha motora para seguimento de adestramentos e rescate.
As instalacións están a beira do encoro das Cunchas, que ten unha extensión de 10 km. de longo con augas aptas para o baño e perfectamente navegables (augas de tipo I). É un lugar idóneo para a práctica de deportes náuticos e dunha beleza envexable. Ademáis sitúase no Parque Outeiro da Cela, un fermoso espazo natural con máis de 150 especies distintas de árbores, todas catalogadas, e con varias rutas de sendeirismo que o percorren.
Outras instalacións dispoñibles na zona son:
Amplas zonas de aparcamento.
Camping con 300 plazas e espazos para autocaravanas. Equipado con tódolos servizos.
Bungalows, casas de turismo rural, casas de aluguer...
Cafeterías, restaurantes e outras zonas para xantar como merendeiros.
Miradoiro e vistas panorámicas.
Pantaláns e rampas á auga.
Duchas e WC's.
Enfermería e servizo de socorrismo.
Ás nosas actividades pódense sumar outras moitas: rutas a cabalo, paintball, barranquismo, escalada..., só tes que consultarnos. FAINOS UNHA VISITA!
Prezos
| FICHA FEDERATIVA (cursos) | |||
| Tempada completa | Fin de semana | ||
| Maiores de 18 anos | 45 €/ano | 20 € | |
| Menores de 18 anos | 35 €/ano | ||
| Socios Clube fontefría | Gratis | ||
| ALUGUERES | |||
| Piraguas | Pedaletas (4 p.) | ||
| Individual (K1/C1) | Dobre (K2) | ||
| Media hora | 2 € | 4 € | 5 € |
| Unha hora | 4 € | 6 € | 7 € |
| EXCURSIÓNS E PASEOS (2h.- 3h.)* | |||
| 5-7 persoas | 8-10 persoas | 11-14 persoas | |
| Prezo por persoa | 14 €/persoa | 12 €/persoa | 10 €/persoa |
*Para grupos de menos de 5 ou máis de 14 persoas, consultar prezos e condicións. As actividades van acompañadas de monitor.