Vídeos

Vindeiros eventos


Entidades Colaboradoras






Fotos para o recordo






Socio/a necesitámoste!!!

O Clube fontefría comeza unha nova andaina pola rede e necesita a túa axuda para seguir ofrecendo máis e mellores contidos. Unha das seccións máis importantes e máis valorada é a nosa galería de fotos, pero para enchela necesitamos a túa colaboración. Manda todas as fotos que teñas do Clube, sexan do que sexan e de calquera data, desde os primeiros anos ata os actuais. O noso propósito é facer unha galería moi especial para celebrar o ano que vén o noso 30 Aniversario.

Tamén necesitamos que os pais e asistentes ás regatas colaboren mandando as súas fotos para ter unhas mellores e máis amplas galerías multimedia. E se tes vídeos tamén os necesitamos. Coa vosa axuda será posible construir este novo espazo que se converterá nun referente en Internet.

Manda as fotos a:

info@clubefontefria.es

clubefontefria.galeria@picasaweb.com

Benvidos a nosa nova web!

Fai 7 anos o Clube Fontefría facía a súa primeira aparición na World Wide Web coa súa primeira e humilde páxina web e nun dominio gratuíto; aquilo foi trala entrada da actual Xunta Directiva. Dous ou tres anos depois viria a segunda páxina tamén nun dominio gratuito; naqueles tempos era vontade duns cantos rapaces que o noso clube fose tamén un referente no piragüismo e estivese á altura dos grandes clubes, foi cando se fixeron as primeiras equipacións. Uns cantos anos máis tarde, no 2008 a mesma vontade dos que seguen, fixo que se adquirise un dominio propio ".com" co cal se elaborou tamén un novo deseño con máis contidos e maior calidade.

Hoxe 7 anos despois e neste ímpetu por mellorar ofrecémosvos a vós, visitantes, e en particular aos socios do Clube Fontefría este novo deseño web: con máis claridade, máis contidos e por suposto máis calidade e servizos para aproveitar mellor as utilidades que nos ofrece Internet.

Ao largo desta nova tempada que comeza, e xa son 29, imos incorporar novas utilidades e servizos para os socios, dende suscricións a listas de email para recibir automáticamente toda a información da Asociación ata enderezos electrónicos persoais do clube.

Para levar a cabo estas tarefas e seguir mellorando é imprescindible a vosa axuda mandando as vosas suxerencias de mellora, sexan de deseño do portal ou de servizos que vos gustaría que ofrecésemos. Podedes mandar as ideas o noso enderezo electrónico clubefontefria@gmail.com, ou a través do noso formulario de contacto.

Un saúdo a todos e volvede a visitarnos...